02 Nov O lago mineiro das Pontes, o reclamo turístico da comarca deste verán
A antiga vila mineira das Pontes (A Coruña) converteuse nos últimos anos nun reclamo turístico grazas á creación do lago artificial máis grande de Europa.
A antiga mina de lignito foi rehabilitada e convertida nun enorme lago de 5 quilómetros de longo e dous de ancho. Este novo emprazamento e a súa contorna destaca pola diversidade de especies animais e vexetais que forman un rico ecosistema, pero ademais destaca polo valor social que achega aos habitantes das Pontes e as comarcas limítrofes, así como aos turistas, grazas a unha variada oferta deportiva e lúdica.
Entre os atractivos desta rehabilitación destacan unha praia de medio quilómetro de extensión que o pasado verán obtivo a bandeira azul, a tirolesa máis longa de Europa e unha gran oferta de deportes acuáticos como vela, windsurf ou piragüismo.
Na contorna do lago conflúen ademais roteiros de sendeirismo e áreas recreativas para que os visitantes gocen desta paraxe natural.
O concello continúa traballando de forma conxunta cos municipios limítrofes para impulsar a promoción turística de fronte ao próximo verán.
Un exemplo de como unha antiga explotación mineira pode ter unha segunda vida grazas a boas prácticas e a un enfoque centrado nos cidadáns.
Un caso de éxito de restauración mineira que se tratará o próximo 17 de novembro no webinar organizado pola COMG.