24 Set O Clúster da Pizarra de Galicia crea un premio para recoñecer proxectos que usan a roca ornamental
O Clúster da Pizarra de Galicia comenzará diferentes iniciativas que pretenden valorar a lousa como material construtivo.
Entre elas, destaca a creación da primeira edición do Premio de Construción con Lousa, que recoñecerá de maneira trianual as edificacións sostibles e a innovación dentro do sector. Este galardón pretende impulsar o fomento e a utilización de lousa incentivando a excelencia e a innovación, incentivar o coñecemento deste material construtivo, fomentar a investigación e a aplicación arquitectónica de novas tecnoloxías na lousa e promover o traballo de profesionais con este material construtivo.
O Clúster prevé ademais un galardón xornalístico e unha nova edición do seu concurso de ilustración infantil.