30 Xuñ A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais coñece o sector dos áridos
As canteiras de áridos de Richinol e Arribeltz, ambas as situadas en Melide, foron beneficiarias das axudas da Xunta de Galicia para a loita contra as enfermidades profesionais mediante a aplicación de tecnoloxías innovadoras que melloran a calidade do ambiente atmosférico do lugar de traballo.
Ata ambas as canteiras desprazouse a directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría; acompañada por Carlos Martínez, director de Arigal -Asociación Galega de Áridos- e por Miguel Fortúnez, director da Cámara Oficial Mineira de Galicia.
A directora xeral puo comprobar in situ o esforzo do sector, así como a súa modernización para a sustentabilidade.
Estas subvencións para a prevención das enfermidades profesionais atópanse neste momento en fase de resolución e contan este ano cun investimento dun millón de euros. Mentres que a convocatoria de 2020, facilitou apoios a dez empresas do sector dos áridos que, ademais, a través do Instituto Enerxético de Galicia (Inega).
As canteiras de Richinol levaron a cabo a instalación dun sistema de control de po baseado na atomización de auga con aire. Pola súa banda, Arribeltz substituíu os equipamentos de climatización das cabinas de control do proceso de transformación de áridos por outros de última xeración.
Arigal impulsa a innovación, formación, internacionalización e seguridade laboral nas empresas galegas de áridos. Neste sentido, Uría quixo tamén destacar a participación da entidade no desenvolvemento da Estratexia Galega de Minería Sostible.