22 Abr A COMG celebrou a súa Asemblea Ordinaria de 2021
O pasado 15 de abril, a Cámara Mineira Oficial de Galicia levou a cabo a súa Asemblea en sesión ordinaria do ano 2021. O encontro, celebrado de maneira telemática, foi dirixido polo director da entidade, Miguel Ángel Fortúnez Garea; e polo presidente da misma, Juan José López Múñoz.
Na súa exposición, ambos fixeron fincapé nas actividades levadas a cabo pola Cámara durante este ano marcado pola Covid-19. Durante 202 a entidade respondeu a esta crise de diversas formas para axudar ao sector: mediante o envío de mascarillas a través do Igape, o envío de guías e protocolos de actuación de interese para as empresas e mediante a realización do informe “Diagnose da situación actual do sector mineiro de Galicia e perspectivas cara unha minaría sostible”, encargado pola Administración galega e encamiñado a atopar puntos de mellora e apoio para os diferentes subsectores.
Así mesmo, fíxose balance da actividade da plataforma Minaría Sostible de Galicia, a plataforma coordinada pola COMG, que pretende mellorar as prácticas do sector e pór en valor as actuacións realizadas. Durante o 2020, a presencia en redes da plataforma incrementouse, aglutinando unha grande comunidade, en parte grazas ao lanzamento de novas campañas audiovisuais.
As labores de asistencia técnica tamén destacaron nesta etapa, entre elas, o lanzamento do novo Catastro Mineiro de Galicia e o desenvolvemento da web “Implantación das normas UNE de Xestión Mineira Sostible”.
Ademáis, mencionáronse algúns dos fitos relacionados coa defensa do sector, como a entrada en vigor da Lei de Aproveitamento de usos lúdicos de augas termais ou a participación na “Folla de ruta para a xestión sostible de materias primas minerais”.
Outro punto da Asemblea estivo centrado na discusión e votación do balance económico e a conta xeral de ingresos e gastos do años 2020, aprobados por unanimidade. Así mesmo, de cada a este ano 2021, aprobouse tamén o orzamento de ingresos e gastos anuais.
Durante a Asemblea tivo lugar a revisión e composición da Xunta Directiva, así como a súa inclusión como anexo no Regulamento para o Réxime Interior.