Buho-materioteca

Preséntase a primeira edición do Certame de Materiais Innovadores de Galicia

A Axencia Galega de Innovación convoca a primeira edición do Certame de Materiais Innovadores de Galicia. O obxectivo do concurso é destacar os materiais máis innovadores desenvolvidos nos últimos anos na comunidade a través da Materioteca de Galicia para promocionalos entre empresas e profesionais.

O prazo está aberto ata o 13 de maio, con catro categorías:

  • Artesanal: materiais obtidos de procesos artesanais ou con limitada capacidade de produción.
  • Empresa: materiais desenvolvidos por empresas ou agrupacións de empresas para a súa comercialización.
  • Investigación: materiais desenvolvidos por grupos de investigación de centros de coñecemento públicos e privados, ben coma resultado de proxectos individuais ou en consorcio.
  • Empresa e investigación: materiais desenvolvidos por grupos mixtos formados por empresas e centros de coñecemento, en calidade de participantes nalgún proxecto financiado con fondos públicos autonómicos, estatais ou europeos.

Consulta aquí as bases.