minaria-de-galicia-colores-granito-02

A industria viguesa dixitalízase

A Industria 4.0 é tendencia nos sectores industriais máis asentados de Vigo. Optimización de procesos e resultados, control en tempo real, redución de riscos e sinistros, anticipación de incidencias, aforro enerxético… son algúns dos aspectos clave para sectores como o mineiro ou o da automoción.

Por iso, 23 das 28 empresas que participarán na carta convocatoria de Proxectos 4.0 da Xunta de Galicia pertencen á área de Vigo. O orzamento aprobado para esta convocatoria é de catro millóns de euros, que apoiarán sete novas iniciativas colectivas que permitirán seguir avanzando no desenvolvemento da fábrica intelixente e conectada en sectores estratéxicos da economía galega a través de organismos intermedios como o Clúster do Granito de Galicia.

Agustín Martínez, enxeñeiro de minas e director técnico da PYME de Salceda de Caselas Lemmar Grannite subliña que o granito é un sector que nos últimos anos avanzou cara á Industria 4.0. “A automatización de procesos é clave na extracción de granito. A instalación dunha perforadora hidráulica autónoma, así como unha máquina automatizada de fío diamantado, permitíronnos conseguir un maior aproveitamento das reservas de rocha, e ao mesmo tempo, incrementar a produción, ademáis de lograr unha redución sistemática dos custos de obtención do produto”.