cavisa2019-1

Xornada de entrega das certificacións UNE de minaría sostible a Caolines de Vimianzo

Sharing is caring!

O 26 de novembro celebrarase unha xornada de difusión e portas abertas nas instalacións de Caolines de Vimianzo, SA, co obxectivo de dar a coñecer que esta empresa galega, unha das máis comprometidas do sector mineiro coa economía circular, vén de obter dúas certificacións oficiais segundo as novas normas UNE para unha xestión mineira sostible:

• UNE 22480: 2019 Sistema de xestión sostible de minas.
• UNE 22470: 2019 Sistema de xestión mineiro-metalúrxico sostible.

Trátase da primeira empresa en España que recibe estas certificacións, en vigor dende xuño de 2019. Para destacar este feito, Caolines de Vimianzo e COMG convocan unha xornada de información para emprendedores e profesionais do sector.

O acto comezará na Casa da Cultura de Vimianzo e rematará cunha visita ás instalacións da empresa mineira seguindo o seguinte programa:

11:00 horas Benvida

  • Director de Cavisa, Juan José López.
  • Presidente de COMG, Juan de Dios Martín Aparicio.
  • Alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez.

11:15 horas. Relatorio: as normas UNE 22480:2019 e UNE 22470:2019

  • Director de AENOR na Rexión Atlántica, Martín Pita López.

11:45 horas. Relatorio: caso de éxito de aplicación de normas: Cavisa

  • Directora de Pedra Ingenieria, Luisa Álvarez.

12:15 horas. Relatorio: Minería Sostible de Galicia

  • Director da COMG, Diego López.

12:35 horas. Peche da xornada e entrega dos certificados UNE 22480:2019 e UNE 22470:2019 a Cavisa

  • Director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces.

13:00 h. Visita ás instalacións de Cavisa (capacidade limitada previa inscición)

14:30 h. Viño español e fin da xornada

Aqueles que queiran inscribirse na xornada poden facelo a través do seguinte correo electrónico: comunicacion@camaraminera.org.