Serra do Xurés

WWF e Cabreiroá unidas pola restauración forestal da Serra do Xurés

No marco do Día Mundial contra a Desertificación e a Seca, celebrada o 17 de xuño pola Asemblea Xeral de Nacións Unidas, Cabreiroá únese á organización de conservación da natureza  WWF, co obxectivo de sensibilizar á poboación sobre a importancia de coidar o medioambiente e os seus recursos.

A marca galega de auga mineral alíase co Fondo Mundial para la Naturaleza (WWF) e comprométese á participación activa no proxecto de restauración forestal na contorna do Parque Natural Baixa Limia e Serra do Xurés (Ourense), que se viu afectado de forma recorrente por os incendios. A iniciativa contará coa axuda de Cabreiroá durante os 3 anos previstos para culminar a recuperación.

A desertificación e seca en Galicia

A perda da cuberta vexetal por mor de repetidos incendios forestais, atópase entre os principais factores causantes da desertificación e a seca, un dos problemas ambientais máis graves que afronta a comunidade autónoma galega.

De forma recorrente e particularmente en zonas montañosas de Ourense, como é o Parque do Xurés, os incendios afectan severamente tanto ao medioambiente como á economía da zona, o que pon en risco a estabilidade de moitas persoas. Co obxectivo de restaurar estas zonas, Cabreiroá cooperará co proxecto multidisciplinar España Plantando Cara al Fuego, promovido por WWF.

España Plantando Cara ao Lume

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago, ademais da marca verinesa de auga, así como propietarios forestais e estudantes do Ciclo Superior de Festión Dorestal do Medio ambiente.

España Plantando Cara al Fuego implica unha serie de actuacións para reducir a incidencia e impacto do lume e da mesma forma, promover a resiliencia do sistema, os labores de plantación para aumentar a biodiversidade da zona e labores de mantemento das plantacións, incluíndo a realización de regas e rozas. Por último, realizarase tamén un seguimento e análise da porcentaxe de marras (plantas que non soportan o verán) e do estado xeral da plantación