Volve Minaría Sostible de Galicia

Tras uns meses de parón, a plataforma Minaría Sostible de Galicia reactivouse esta semana. Esta plataforma, lanzada pola COMG, foi posta en marcha en febreiro do ano pasado e naceu como unha iniciativa sen precedentes que responde o compromiso social que ten a minería como actividade que opera directamente no medio rural galego e que ten un valor capital para a economía da comunidade.

As entidades máis representativas do sector mineiro galego participan tamén nesta plataforma que trata de transparentar as prácticas sostibles e a importancia do sector extractivo.

Durante o tempo de vida de Minaría Sostible de Galicia, foron moitos os proxectos que se levaron a cabo. Grazas á organización de eventos específicos, á publicación de documentos que poñen en valor o patrimonio mineiro galego e dunha activa presenza nas súas canles dixitais; conseguiu dar voz a este sector, cada vez máis necesario como xerador de emprego e como motor do desenvolvemento industrial en Galicia, sobre todo ante a crise que estamos a vivir.

A plataforma, que volve con máis forza ca nunca, manterase activa en todas as súas canles de comunicación e redes sociais: