VII Edición dos Premios Santa Bárbara da Cámara Mineira 2013

Lugar: Santiago de Compostela

Sede: Hotel Monumento San Francisco

Data de entrega: 4-12-2013

Organiza: Cámara Oficial Mineira de Galicia

Descrición: Un ano máis, a Cámara Oficial Mineira de Galicia quere poñer de manifesto a importancia que o sector mineiro ten tanto para o tecido industrial galego como para o desenvolvemento da sociedade. É por isto que convoca a VII edición dos Premios Santa Bárbara, unha distinción honorífica de carácter anual á cal poden optar todas aquelas empresas, entidades ou persoas relacionadas co sector mineiro galego ou coa temática das categorías de premios: Traxectoria e Comunicación.
Prazo de presentación candidaturas: ata 27-11-2013 (inclusive)