Gutierrez-Peinador

Vicente Gutiérrez Peinador é elixido novo presidente de Confedem

Sharing is caring!

Vicente Gutiérrez Peinador, que ata o de agora ocupaba o posto de director xeral da Confederación Nacional de Empresarios da Minería e da Metalurgia (Confedem), foi elixido presidente tras a última Xunta Xeral da Patronal Mineira, relevando así no cargo a Juan José Cerezuela Bonet.

Vicente Gutiérrez é doutor enxeñeiro de Minas pola Universidade de Oviedo e comezou a súa carreira profesional desenvolvendo diversas responsabilidades no Grupo Hunosa entre 1980 e 1996, ano en que se crea, dentro do mesmo grupo, a empresa SADIM Enxeñería, da que foi director xeneral ata 2005. Un ano despois comeza a traballar en Iberpotash, onde desenvolveu o seu traballo ata 2016, primeiro como director de minaría e operacións e, finalmente, como adxunto ao conselleiro delegado.

Ademais, durante 14 anos foi profesor asociado no departamento de Explotación de Minas da Universidade de Oviedo. É membro de diferentes Comités de Expertos na Unión Europea relacionados coa industria extractiva, unha vía para poñer en valor as achegas de Confedem e os seus asociados en todos os aspectos relacionados coa lexislación que a Comisión Europea ten preparado e está a preparar.