GAIN Xunta de Galicia

Últimos días para solicitar a axuda InnovaPemme 2021

O prazo para pedir a axuda InnovaPeme (Plans de Innovación para mellorar a capacidade innovadora de micropemes e pemes) convocada pola Xunta de Galicia, finalizará o próximo 7 de xuño.

Esta axuda está destinada ao financiamento do coste das actividades integradas dentro dos plans de innovación. Permitirá sistematizar os procesos das empresas e aliñar ás mesmas coas prioridades establecidas na RIS3 -Estratexia de Especialización intelixente de Galicia- para Galicia.

Imagen Xunta de Galicia Innovapeme

A Xunta de Galicia está a piques de pechar a convocatoria da axuda InnovaPeme

Esta convocatoria, en réxime de concurrencia competitiva, conta cun orzamento de 2.800.00 euros. Pode ser solicitada por pequenas e medianas empresas individuais (de acordo coas definicións do Anexo I do Regulamento da UE Nº 651/2014) con domicilios sociais ou centros de traballo en Galicia, un requisito indispensable para recibir a axuda.

O orzamento outorgado a cada empresa roldará entre os 80.000 e os 200.000 euros, divididos en dúas anualidades, ofertando a posibilidade de solicitar un anticipo do 50% do importe total da axuda de cada anualidade.

As empresas solicitantes deberán presentar un plan de innovación, segundo o que se detalla no anexo IV da convocatoria, que mostre en que medida se ampliarán e consolidará a capacidade innovadora da PEME.

Que actividades están suxeitas a subvención?

As actividades da empresa que están suxeitas a subvención (InnovaPeme) son:

  1. Actividades de innovación: estudos de novos produtos ou servizos innovadores, así como o asesoramento en innovación, protección industrial ou intelectual.
  2. Innovación en materia de procesos e/ou innovación: cambios e/ou solucións innovadoras que melloren a produción da empresa ou novas metodoloxías que incidan positivamente no funcionamento da empresa, prácticas comerciais, metodoloxías…

A entrega do informe Innobench (estudo gratuito e personalizado) será obrigatoria por parte das empresas solicitantes para optar á axuda InnovaPeme, como representación do punto de partida da organización en materia de innovación.