Tejas Verea premiados

Tejas Verea e o COAG premiaron as cubertas máis eficientes

Tejas Verea e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) celebraron onte en Mesía (A Coruña) a primeira edición dos Premios Internacionais de Arquitectura Cubertas Tejas Verea.

No certame distinguíronse dous proxectos pola súa eficiencia enerxética e adaptación á súa contorna. Por unha banda, no premio da categoría Rehabilitación recaeu na rehabilitación das cubertas do Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Ourense) a cargo do estudo de arquitectura galego Oikos Estudo SLP. Mentres que na categoría Obra nova, resultou premiada a vivenda unifamiliar en Gobiendes (Asturias), obra do arquitecto Enrique Perea Caveda.

Os premiados recibiron de mans da decana do COAG, Elena Ampudia, e do director xeral de Tejas Verea, Luís Verea, un premio por valor de 3.000 euros e unha figura conmemorativa que lembra as orixes do oficio da elaboración das tellas, un ‘cabaqueiro’.

Na entrega de premios participaron tamén a presidenta da Delegación do COAG en Ferrol, Carmen Pérez Parapar, membro do xurado, e Alberto Escobar, responsable da área de concursos do Colexio.

O certame, que recibiu candidaturas de varias comunidades autónomas, dirixiuse a profesionais de arquitectura co obxectivo de distinguir proxectos de cuberta inclinada de tella cerámica finalizados entre 2018 e 2020 en dúas categorías.