jornada-de-puertas-abiertas_cantera-restaurada

Tejas Vera mostrou a restauración da súa antiga canteira na súa xornada anual de Portas Abertas

No marco do Día Internacional contra o Cambio Climático, Tejas Verea, deu a coñecer as accións levadas a cabo na restauración da súa antiga canteira, convertida en humidal.

Dita canteira, explotada durante 25 anos para a obtención de arxilas, foi reconstruída mediante a creación dun humidal e promovendo o asentamento de ecosistemas e a biodiversidade de especies. Ademais, neste novo espazo pódese ver como os materiais cerámicos poden ser reutilizados formando parte da economía circular, xa que se instalou unha zona de chan reutilizando material sobrante do proceso de produción, como recheo inerte da canteira.

Á xornada de portas abertas asistiron máis de 80 visitantes de Mesía (A Coruña) e os concellos limítrofes. Todos eles entregaron unha ‘entrada solidaria’ de 1kg de alimentos que foron doados ao Programa de Alimentos do Concello de Mesía.

Compromiso renovado cos ODS de Nacións Unidas

Este proxecto de restauración enmárcase no compromiso de Tejas Verea coa redución do impacto ambiental da súa actividade industrial e o cumprimento cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU.

A empresa forma parte da iniciativa de ‘Aliados das ODS’ promovida pola Red Española del Pacto Mundial para difundir a Axenda 2030. E este ano renovou o seu compromiso a través da publicación do seu Informe de Progreso, que mostra os avances da empresa en accións enmarcadas nos diferentes ODS, con accións enmarcadas en 15 dos 17 ODS en materia de dereitos laborais, igualdade, medioambiente ou xestión sostible dos recursos.

Os interesados poderán coñecer máis detalles sobre a restauración da antiga canteira de Tejas Verea no webinar organizado pola Cámara Oficial Mineira de GaliciaMinaría Sostible. Casos de éxito de restauracións mineiras’.