BASE DE DATOS DE PROXECTOS TRACTORES

Unha das funcións da Oficina de Impulso de Proxectos Europeos da COMG é a creación dunha base de datos de posibles proxectos tractores para implantar en Galicia a través de manifestacións de interese.

Consulta as manifestacións de interese recopiladas para establecer posibles sinerxias coas empresas promotoras. Se ti tamén tes unha idea para fortalecer o tecido do sector, podes enviar a túa proposta a camaraimpulsa@camaraminera.org

BUSCA OS PROXECTOS DA OIPE SEGUNDO A FASE NA QUE SE ATOPEN

See Bridge
CAPACITACIÓN NA CIRCULARIDADE E VALORIZACIÓN DE RESIDUOS

Cara a unha minaría mais sostible e circular a través da capacitación na circularidade e valorización de residuos como novas materias minerais:

  • Implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas recicladas que proveñan de residuos da construción e demolición.
  • Mellores técnicas dispoñibles de xestión e tratamento de residuos minerais mediante a valorización desde o punto de vista técnico, económico e sostible.
  • Técnicas de xestión e tratamento mediante a valorización máis óptima e rendible.
See Bridge
MATERIAIS AVANZADOS
  • Tecnoloxías e procesos innovadores na fundición de Sn.
  • Tecnoloxías e procesos innovadores na concentración de terras raras.
See Bridge
ECONOMÍA CIRCULAR E EFICIENCIA
  • Proxecto de innovación para a xeración de calor con biomasa.
  • Proxecto de minería circular para a otimización da planta, mellora do produto e medias de aforro de insumos.
See Bridge
REDUCCIÓN DO IMPACTO AMBIENTAL
  • Proxecto de innovación para a xeración de calor con biogás.
  • Proxecto de innovación para a xeración de calor con hidróxeno.
See Bridge
TRANSICIÓN ENERXÉTICA
  • Desenvolvemento de tecnoloxías innovadoras viables na cocción con gas-descarbonización.
  • Uniformización da normativa para diferentes ámbitos de actividade na Industria Mineira.
See Bridge
TRANSICIÓN DIXITAL
  • Deseño e implantación dunha historia clínica electrónica común nos balnearios de Galicia.
  • Dixitalización e monitorización de procesos, alternativas de xeración de calor e eficiencia enerxética.
See Bridge
FÁBRICA INTELIXENTE
  • Monitorización de condicións de secado e tratamento dos datos para mellorar os procesos produtivos nunha planta de fabricación de tejas, ladrillos e cerámicas.
  • Procesos innovadores na extracción de áridos para a fabricación de formigón.

Se tes interese en participar nalgún dos seguintes proxectos, ou tes algunha dúbida ou proposta, podes contactar co equipo da OIPE a través do correo camaraimpulsa@camaraminera.org

See Bridge
Proxectos estratéxicos baixo o CRMA (Critical Raw Materials Act)

A Comisión Europea lanza esta primeira convocatoria de proxectos estratéxicos no marco do CRMA co obxectivo de apoiar proxectos que contribúan a asegurar a subministración de materias primas críticas, promover a eficiencia no seu uso e mellorar a reciclaxe e substitución destas materias en sectores industriais clave.

Ámbitos de actuación:

  • Exploración e extracción: Iniciativas para mellorar a exploración e extracción sostible de materias primas críticas.
  • Procesamento: Proxectos que desenvolvan novas tecnoloxías para o procesamento eficiente e sostible.
  • Reciclaxe e recuperación: Solucións innovadoras para mellorar a reciclaxe e recuperación de materias primas críticas de residuos.
  • Substitución: Investigación e desenvolvemento de materiais alternativos que poidan substituír as materias primas críticas en procesos industriais.

A OIPE está a colaborar en propostas para a captación do financiamento mediante a análise das propostas e a súa adecuación aos requerimentos do CRMA, ademais do apoio técnico e administrativo na presentación e xustificación das propostas.

See Bridge
Proxecto PICOBELLO

No 2020, o presidente da Comisión Europea lanzou a Nova Bauhaus Europea (NEB), unha iniciativa creativa e interdisciplinaria que conecta o Pacto Verde Europeo cos nosos espazos e experiencias de vida. O obxectivo da NEB é apoiar a implementación das políticas do Pacto Verde e a transición cara a un medio ambiente máis sostible, inclusivo e fermoso, promovendo a colaboración entre actores de diversos campos, como a ciencia, a tecnoloxía, a arte, a cultura, a arquitectura e o deseño.

Para iso, o proxecto Interreg Europe PICOBELLO persegue os seguintes obxectivos:

  • Integración de valores NEB: apoiar aos gobernos na integración dos principios da Nova Bauhaus Europea nos instrumentos políticos existentes.
  • Desenvolvemento sustentable: promover o pensamento integrado e de ciclo de vida a longo prazo nos ecosistemas industriais.
  • Mellora de políticas rexionais: mellorar os instrumentos de política de desenvolvemento rexional a través do intercambio de coñecementos sobre a implementación dos valores da NEB.

Accións do proxecto:

  • Intercambio de coñecementos: facilitar un proceso co-creativo de intercambio de coñecementos sobre estratexias de desenvolvemento rexional baseadas nos valores da NEB.
  • Colaboración interdisciplinaria: fomentar a colaboración entre actores de diversos campos, como a ciencia, tecnoloxía, arte, cultura, arquitectura e deseño.
  • Implementación local: apoiar accións locais que conduzan a cambios sustentables no entorno e nas persoas, a través da cooperación e o estreitamento de relacións.

A COMG participa nesta iniciativa compartindo boas prácticas sustentables e experiencias para a reactivación de zonas rurais a través do turismo xeomineiro.

See Bridge
Proxecto SEE BRIDGE

Financiado polo programa COSME, trátase dun proxecto orientado a PEMES e asociacións intermedias en sectores enerxéticamente intensivos como o aluminio, ferro, aceiro, cemento, fertilizantes, hidróxeno, electricidade, etc.

Obxectivo:

  • Facilitar a adaptación destas entidades á regulación CBAM para alcanzar os requisitos do Green Deal. Para conseguilo, o proxecto desenvolverá distintas accións de apoio para aumentar as súas capacidades, a xestión sostible e promocionar operacións de transición verde e dixitalización.

A COMG colabora avaliando as necesidades no sector en materia de sustentabilidade, CBAM e transición verde e dixital, para poder deseñar as accións de apoio máis adecuadas.

See Bridge
POCTEP (Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal)

Impulso de Asociacións Estratéxicas Industriais Transfronteirizas para o Aseguramento das Cadeas de Suministro de Materias Primas Fundamentais para a Transición Verde e Dixital. Trátase dunha iniciativa estratéxica que busca abordar desafíos críticos relacionados coa seguridade e sustentabilidade das cadeas de subministración de materias primas esenciais na rexión transfronteiriza.

Obxectivos:

  • Deseño de follas de ruta intersectoriais.
  • Desenvolvemento de actuacións piloto.
  • Identificación de novas oportunidades de investimento industrial nos sectores identificados.
See Bridge
Programa Empleaverde. Fundación Biodiversidad.

Un proxecto de mellora de mejora de cualificacións en sostibilidade, economía circular e dixitalización no sector da minaría en Galicia.

A meta xeral será formar a persoas empregadas do sector da minería, con especial atención a mulleres, para obter competencias en sustentabilidade, circularidade e dixitalización que lles permitan actualizarse conforme aos novos requirimentos normativos.

Obxectivos:

  • Coñecer o concepto de minaría sostible e circular.
  • Xestión eficiente dos recursos e redución na xeración de residuos
  • Identificación dos fundamentos e aplicacións das novas tecnoloxías no sector da minaría
  • Eficiencia enerxética e dixitalización nas empresas do sector.

Desenvolveranse catro talleres formativos en modalidade presencial, vídeo-presencial e a distancia, que se desenvolverán nas Ccomunidades autónomas seleccionadas (o menos dúas rexións).

Todos os contidos contarán cun titor para aclarar calquera dúbida que vaia xurdindo. Ao finalizar cada taller serán avaliados co fin de coñecer o grao de comprensión, entregándoselle ao alumnado un certificado que acredite o número de horas de formación, a temática da acción e o nivel de aproveitamento.

See Bridge
PERTE de descarbonización industrial.

A OIPE atópase a traballar na elaboración de propostas para a captación do financiamento do PERTE de Descarbonización Industrial coa finalidade de brindar apoio ás entidades interesadas.

Puntos clave:

  • Análise das necesidades dos proxectos e da relevancia dos procesos para o sector mineiro e a economía da rexión.
  • Análise da pertenza á Descarbonización 2023 dos proxectos en relación cos esforzos de descarbonización previstos para o ano 2023.
  • Búsqueda e conxugación con outras Liñas de Financiamento. Ademais da liña de financiamento preferente, mapeáronse outras posibles fontes de financiamiento que poderían ser relevantes para apoiar a expansión dos proxectos.
  • Apoio técnico e administrativo na formulación de propostas e futura xestión dos fondos captados.
See Bridge
Plan de formación e empregabilidade. Erasmus+.

Esta iniciativa nace da necesidade de crear novas opcións de emprego baseadas na transición dixital e ecolóxica. Trátase de converter ao ecosistema mineiro nun axente transformador do cambio cara a un modelo con maior eficiencia e sustentabilidade dos seus recursos a través da mellora das competencias dos traballadores.

Esta acción estará enmarcada dentro do programa comunitario Erasmus+ e terá como público a empregados da industria mineira e a persoas en situación de desemprego ou que queiran cambiar de sector. Este proxecto pretende contar coa participación de seis socios doutros países europeos con experiencia no ámbito da formación ocupacional en competencias verdes e dixitais.

Obxectivos:

  • Creación de contidos formativos innovadores.
  • Mellora competencial dos traballadores do ecosistema mineiro a través da cooperación europea.
  • Implantación no sector de industrias verdes e innovadoras.
  • Impulso da circularidade e da contribución da dixitalización á transición ecolóxica.

Polo momento todos os proxectos se atopan en desenvolvemento ou na súa fase inicial. Esta sección actualizarase cos resultados destes, unha vez finalicen.