FORMACIÓN

A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) ten un firme compromiso por mellorar a cualificación dos profesionais do sector, tanto mediante formación reglada como mediante accións formativas puntuais.

A minaría é un sector dinámico, que depende de forma directa das novas necesidades da sociedade. O desenvolvemento de novas tecnoloxías, as novas esixencias en materia de seguridade e as modificacións constantes nas normativas ambientais demandan unha actualización constante de coñecementos por parte de todos os traballadores implicados no proceso mineiro.

A COMG tamén desenvolve e apoia accións formativas como cursos e seminarios dirixidos aos traballadores do sector mineiro centrados en temáticas como a seguridade, a prevención de riscos laborais ou o medio ambiente. Estos recursos formativos teñen como obxecto potenciar a competitividade das empresas mineiras galegas, avogando sempre pola seguridade, a calidade e a sostenibilidade.

Ademais, a COMG mantén unha estreita relación coa Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.

Formación