Minerales estrategicos para la industria

Minaría Sostible de Galicia celebrará a segunda edición do evento ‘Minerais estratéxicos para a industria’ o próximo 27 de outubro

A Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) voltará acoller o evento do ano sobre materias primas críticas para o desenvolvemento: ‘Minerais estratéxicos para a industria’. Trátase da segunda edición do evento organizado pola COMG mediante a plataforma Minaría Sostible de Galicia e que ten como meta crear un espazo de diálogo entra a minaría e outros sectores funamentáis para a economía que dependen en grande medida dos recursos obtidos por ela.

‘Minerais estratéxicos para a industria’ é unha cita ineludible para diferentes sectores industriais esenciais para avanzar cara a sostibilidade: enerxías renovables, automoción, naval, etc.

A xornada principal levará a cabo o 27 de outubro no Auditorio Neira Vilas e desenvolverase a través de mesas redondas. Nela, tratarase un dos temas que marca a actualidade: a crise de materias primas global que xera desabastecemento e sobrecustos en sectores fundamentais para a sociedade. Os participantes provirán do sector mineiro, a investigación e da industria.

Por outra banda, o día 28 de outubro, os que o desexen poderán asistir a unha visita guiada -prazas limitadas- á Mina de Penouta (Ourense) para coñecer a única explotación de coltan de Europa.

Máis información e inscricións: www.minariasostibledegalicia.gal