Evento-Campo-01

Refractarios Campo organiza un evento de entrega das recentemente obtidas certificacións UNE de Minaría Sostible e ISO 14001 de Xestión Ambiental

Refractarios Campo, que fabrica pezas refractarias ocas para a industria da cerámica de construción, acaba de obter dúas certificacións que reforzan o seu compromiso coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia: a UNE-EN ISO 14001:2015, Sistema de xestión ambiental; e a UNE 22480:2019, Sistema de xestión mineiro- mineralúrxica-metalúrxica sostible.

Para celebrar este éxito e divulgar a importancia das devantidas certificacións, Cerámica Campo está a organizar unha xornada técnica e visita ás instalacións de Refractarios Campo en Vilalonga (Sanxenxo).

Na xornada, enfocada a grupos de interese e a profesionais do sector mineiro galego, tamén participará a Cámara Oficial Mineira de Galicia.

Podes coñecer o programa do acto e incribirte na seguinte web (https://refracampo.com/es/evento-une/).