01 Mar Proxecto de Orden polo que se aproba a instrucción técnica complementaria 02.0.02
O Ministerio para a Transición Enerxética e o Reto Demográfico ha feito público o proxecto de orde pola que se aproba a instrución técnica complementaria 02.0.02 ‘Protección dos traballadores contra o risco por inhalación de pó do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira para levar a cabo o trámite de información pública.
A Directiva (UE) 2017/2398 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2017, pola que se modifica a Directiva 2004/37/CE relativa á protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos ou mutágenos durante o traballo, incorporou como axente canceríxeno os traballos que supoñan exposición ao po respirable de sílice cristalina xerado nun proceso de traballo.
A nova consideración legal como canceríxeno destes traballos constitúe un cambio de paradigma na xestión do risco por exposición ao pó e sílice que vén levando a cabo no sector mineiro, pois este é, en ocasións, o risco máis frecuente dentro das actividades suxeitas ao Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira (en diante “ RGNBSM”).
A obrigatoriedade de incorporar o contido da Directiva (UE) 2017/2398 ao Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo, fai necesario modificar a normativa de igual ou inferior rango naquilo que contradiga as disposicións incluídas no citado real decreto. Así, é necesario e oportuno actualizar os criterios e métodos para definir o perigo e o control do po nos lugares de traballo, así como a vixilancia da saúde dos traballadores, establecidos nas instrucións técnicas complementarias 02.0.02, 02.0.03 e 04.8.01, relativas á protección dos traballadores contra o po, do RGNBSM.
Poderanse presentar alegacións ata o vindeiro venres 20 de marzo.
Para máis información prema aquí.