courel-geoparque

O Xeoparque Montañas do Courel estará presente no Geolodía 2020

Un ano máis, o Xeoparque Montañas do Courel será un dos escenarios escollidos para representar o Geolodía. Unha xornada centrada no patrimonio xeolóxico organizada pola Sociedad Geológica de España e que conta coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología e co patrocinio de varias entidades tanto públicas como privadas.

O Geolodía é unha xornada celebrada en toda España, que consiste achegar á sociedade o patrimonio xeolóxico mediante unha serie de actividades organizadas polas entidades propulsoras, baseadas en excursións guiadas por xente especializada en xeoloxía. Estas xornadas son totalmente gratuítas e abertas a calquera tipo de público.

Montañas do Courel formará parte por segunda vez desta celebración o día 10 de maio, que acollerá un roteiro guiado no municipio de Quiroga.

O punto de encontro para os interesados será o museo etnográfico municipal de Quiroga, entre as 8.30 e as 9.00 horas. E a continuación, o desprazamento aos diversos lugares de interese realizarase en autobús e cun percorrido a pé de 3,6 quilómetros de distancia. Entre as paradas atópanse o miradoiro xeolóxico da Golada, desde onde se poderá observar o tipo de relevo formado polos glaciares que tiveron cabida alí na antigüidade, ou a Fervenza de Vieiros, formada polo encajamiento do río Selmo e o levantamento das Montañas de O Courel.

Os interesados deben enviar a súa solicitude ao correo info@ribeirasacracourel.es indicando o seu nome, apelidos, localidade e número de teléfono.