02 Feb O sector do granito, premiado polo IGAPE
A agrupación industrial do granito foi galardoada nos “Premios e axudas dos Proxectos agrupados Industria 4.0 en Galicia”. Premios impulsados polo IGAPE e cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a cargo do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
O premio ao sector do granito entregarase nunhas semanas e constará dunha placa conmemorativa e un premio en metálico.
Coa segunda mellor puntación, o sector do granito conta cun orzamento superior a 1.100.000 €, agrupando a cinco empresas que presentaron 7 actuacións comprendidas nos 11 ámbitos da Industria 4.0.
Os cinco proxectos que se financiarán son os de:
- EUROCKP, S.A.
- GRANITOS IBERICOS, S.A.
- PCM GRANITOS MOLDURADOS, S.L.
- EURO ROCA, S.L.
- LEMMAR GRANITE, S.L.
A facturación global destas cinco empresas está preto de 60 millóns de euros e contan en total con 250 traballadores.
Dentro da estratexia de innovación da Agrupación industrial do Granito, as tecnoloxías 4.0 aínda ocupan un lugar central.