08 Xul O sector do granito demanda traballadores cualificados
As empresas dedicadas á extracción e elaboración de granito no Porriño (Pontevedra) sofren a falta de traballadores cualificados para cubrir postos técnicos.
Por iso, en poucos meses poñerase en marcha unha das medidas máis esperadas: trátase do recentemente implantado ciclo de grao medio de Pedra Natural que se desenvolverá no IES Ribeira do Louro a partir do próximo curso.
Este ciclo é unha formación pioneira en Galicia, impulsada pola Xunta de Galicia e a Agrupación industrial do Granito. Un dos grandes atractivos desta opción académica, tanto para o alumnado como para empresas, é a súa modalidade dual, xa que fomenta a integración laboral dos estudantes no sector da pedra natural.