candidatura-geoparque-ortegal-web

O proxecto do Xeoparque de Cabo Ortegal presentará a súa candidatura á UNESCO en setembro

Sharing is caring!

O vindeiro 7 de setembro finaliza o prazo para que os concellos implicados no proxecto do Xeoparque do Cabo Ortegal presenten a súa candidatura oficial ante a secretaría do Comité Nacional de Xeoparques Mundiais da UNESCO. A Comisión Nacional Española de Cooperación con este organismo da ONU xa aprobou o último trámite previo, corroborando o interese desta iniciativa ante o Secretariado do Programa de Ciencias da Terra e Xeoparques da UNESCO.

A candidatura do Xeoparque do Cabo Ortegal deberá incluír a resolución do expediente de información pública e un resumo das alegacións de todos os que interviñesen no trámite e as contestacións motivadas. As únicas alegacións foron as presentadas pola Asociación Cultural Terras do Ortegal, cunha detallada análise e varias propostas.

O proxecto do que forman parte os concellos de Cariño, Cedeira, Cerdido, Moeche, Ortigueira, San Sadurniño e Valdoviño será o eixo do curso organizado pola Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra, que se desenvolverá en Cedeira do 21 ao 23 de xullo, coordinado polo doutor en Xeoloxía Francisco Canosa.