Trabajadores edificacion construccion comg

O portal de emprego especializado na industria mineira xa está a funcionar

A Cámara Oficial Mineira de Galicia lanzou o pasado mes un portal de emprego para poder cubrir vacantes das compañías da industria mineira galega. Trátase dunha iniciativa que ten por meta dinamizar e fomentar o emprego na industria mineira, achegando unha ferramenta útil para traballadores e empresas.

Este proxecto, que forma parte do convenio asinado pola COMG con FEUGA, ten por obxectivo axudar a resolver un dos retos do sector extractivo: a falta de traballadores e traballadoras para cubrir todas as vacantes dispoñibles no ámbito mineiro.

Desta maneira, a Cámara Oficial Mineira de Galicia ofrecerá un novo servizo aos membros da COMG para axudarlles a atopar con facilidade aos mellores candidatos para os seus postos e axilizar os procesos de selección.

Se es membro da COMG, podes poñerte en contacto connosco para enviarnos as túas vacantes e se es un traballador ou traballadora en busca dunha oportunidade nesta industria, podes rexistrarte e enviar a túa cv a través do propio portal.