ICOG-webinar-12rutas

O Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos amosa a través dun webinar a xeoloxía e o pasado mineiro de Galicia

O pasado mércores 13 de maio o Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos organizou un webinar para dar a coñecer e poñer en valor o patrimonio xeolóxico e mineiro das catro provincias galegas. #Ante máis de 130 asistentes, Eduardo Clavijo e Juan Ramón Vidal Romaní explicaron os segredos que garda o chan que pisamos a través da presentación de 12 roteiros xeolóxicos e mineiras.

Estes roteiros forman parte dun proxecto realizado a finais do ano pasado, impulsado polo Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos coa colaboración da COMG e co apoio da Xunta de Galicia.

Durante máis dunha hora os xeólogos Eduardo Clavijo e Vidal Romaní debullaron os segredos destas guías. Trátase de 12 roteiros en papel en formato mapa acompañadas por un caderno de campo para escolares, útiles para fomentar o interese dos pequenos pola xeoloxía e o coñecemento da súa contorna máis próxima.

Unhas guías que nun futuro poderán ser usadas para realizar roteiros de sendeirismo fomentando un turismo de proximidade en puntos como Maceda, Beariz, Vilanova, Cabo Ortegal, Golfo Ártabro, a Ría de Corme e Laxe, o Geoparque Montañas do Courel, a Praia das Catedrais, Triacastela, Guitiriz ou Vila de Cruces.

Aquí podes ver o webinar completo.