Esg

O equipo da COMG asiste ás PEMES na solicitude de axudas para a implantación de medidas ASG

Estas axudas, convocadas polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) en concorrencia non competitiva, están destinadas á posta en marcha de proxectos para o desenvolvemento e mellora de factores ASG (ambientais, sociais e de gobernanza) nas PEMES galegas.

A finalidade destas iniciativas será, por unha banda, desenvolver e implantar solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, reducindo tanto o uso de recursos naturais, auga e enerxía, como a xeración de residuos ou subprodutos; e, pola outra, desenvolver a responsabilidade empresarial e mellorar os modelos de gobernanza nas organizacións.

A contía da axuda dependerá da modalidade do proxecto. O importe por empresa para os proxectos individuais oscilará entre os 12.000€, como mínimo, e os 60.000€, como máximo. A subvención máxima por proxecto será de 60.000€. No caso daqueles que só sexan de consultoría, o importe será de 30.000€ por empresa.

O importe por empresa para os proxectos colectivos variará entre os 10.000€, como mínimo, e os 50.000€, como máximo. A subvención máxima por proxecto será de 200.000€. Para aqueles que só sexan de consultoría, o importe será de 25.000€ por empresa.

A intensidade da axuda será de dous tipos:

  • Inversións: A subvención será do 35% para as pequenas empresas e do 25% para as medianas empresas.
  • Colaboracións externas: A subvención será do 50% para ambas categorías de empresa.

Estas axudas subvencionarán, por unha banda, os custos de activos materiais ou inmateriais, e, pola outra, de servizos de consultoría externa, de deseño de procesos ou produtos máis eficientes, ou organizativa. Os proxectos propostos en ambas as modalidades deberán dirixirse á consecución dun ou varios dos 18 obxectivos que se agrupan en 4 tipoloxías:

Globais

  1. Auditoría e avaliación de riscos ASG. 
  1. Consultoría e certificación de empresa B Corp. 

Ambientais

  1. Redución do consumo de recursos naturais, materias primas e semielaborados. 
  1. Mellora da eficiencia enerxética. 
  1. Monitorización e control de procesos. 
  1. Medición, monitorización e redución da pegada de carbono e da pegada hídrica. 
  1. Redución e/ou reutilización de residuos e subprodutos. 
  1. Clasificación e/ou valorización de residuos e subprodutos. 
  1. Deseño e desenvolvemento de envases e embalaxes ecoeficientes. 
  1. Consultoría e certificación de ecodeseño: ISO 14006. 
  1.  Incorporación de criterios de sostibilidade nas compras. 
  1. Análise de ciclo de vida e implantación de estratexias de deseño sostible baseadas no principio “berce a berce”. 

Sociais 

  1. Diversidade e inclusión. 
  1. Ética laboral. 
  1. Elaboración de programas de investimento en Galicia. 

Gobernanza 

  1. Estruturas das xuntas directivas. 
  1. Transparencia financeira. 
  1. Ética empresarial. 

O prazo para a presentación de solicitudes está aberto ata o 15 de setembro de 2024 ás 14:00 h. Podes consultar toda a información sobre a convocatoria nas bases reguladoras, publicadas na Resolución de 26 de abril de 2024 (DOG nº 90 do 8 de maio de 2024) ou contactar co equipo da COMG a través do correo electrónico cmg@camaraminera.org.