22 Mai O Congreso aprobará definitivamente a Lei de Cambio Climático e Transición Enerxética
Tras 5 emendas incorporadas polo Senado, o Pleno do Congreso dos Diputados este xoves refrendará ou rechazará ditas emendas. Este proxecto lexislativo busca acadar a neutralidade climática para 2050 coa descarbonización de España.
Esta lei pretende, ademais, cumprir cos compromisos internacionais adoptados en 2015 coa sinatura do Acordo de París. Ata o momento, nos diferentes trámites sustanciados, este proxecto obtivo o apoio de todos os grupos excepto o de Vox, que votou en contra, e do PP e Más País-Verdes Equo, que se abstiveron. Esta norma entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no BOE.
Esta nova norma contempla obxectivos de redución de emisións de aquí a 2030, -aínda que estes serán revisados ao alza en 2023- prevendo un descenso do 23% dos gases de efecto invernadoiro respecto a 1990; acadar unha penetración de enerxías de orixe renovable no consumo de enerxía final de, como mínimo, un 42%; e lograr un sistema eléctrico con, polo menos, un 74% de xeración a partires de enerxías de orixe renovable, entre outras medidas para reducir emisións de gases de efecto invernadoiro, enerxías renovables e eficiencia enerxética.
Este proxecto recibiu na Cámara Baixa un total de 758 emendas parciais dos distintos grupos parlamentarios, das que foron incorporadas 3, xunto a outras 16 emendas transaccionais. Na Cámara Alta, as formacións políticas presentaron 585 emendas das cales foron incorporadas 5.
Entre outras, os grupos pactaron unha emenda para suprimir unha disposición final da lei, tendo así a posibilidade os concellos en áreas centrais nucleares de participaren nas decisións relativas aos plans de residuos destas instalacións. Recupérase desta forma a redacción incial do proxecto lexislativo que non incluía dita disposición final, xa que os grupos consideraron que se trataba dunha invasión das competencias municipais.
Tamén se incorpora unha emenda presentada polo senador balear de MES Vicen Vidal para mellorar a protección das pradeiras de posidonia. Esta emenda recolle que o desenvolvemento de enerxías renovables debe garantizar o mantemento dos valores ambientais e paixasísticos e compensar os beneficios que xeneran aqueles lugares onde se aproveitan os seus recursos asó como os posibles danos causados no medio ambiente.
Unha das grandes medidas deste proxecto de Lei é a supresión dos vehículos de combustión a máis tardar en 2040. Con estas e outras propostasm, a Lei fixa o obxectivo de que España acade a neutralidade climática para 2050.