14 Abr O Concello de Oroso recupera unha vella mina de ouro para pasear
O Concello de Oroso (A Coruña) segue a avanzar nas tarefas de recuperación e posta en valor dos terreos da antiga mina de As Grobias, en Porto Avieira.
Coordinado coa Xunta e baixo a supervisión dun equipo de arqueólogos, leva a cabo traballos de limpeza nos terreos, coa intención de que poida ser empregado como zona de paseo e disfrute por todos os veciños.
Trala iniciativa de executar o primeiro PXOM de Galicia adaptado á nova Lei do Solo, foi cando descubríronse As Grobias e a posible mina de ouro da época romana, segundo explica o alcalde Manuel Mirás.
Mirás, xunto ao edil de Promoción Económica e Deportes, Antonio Leira, visitaron a zona destacando a importancia de engadir a antiga mina ao patrimonio natural do concello. O Concello pretende, ademáis, instalar un panel informativo na zona para explicar a orixe desa mina.