Clúster Granito

O Clúster do Granito organiza un obradoiro sobre as oportunidades da Industria 4.0 en Galicia. Diagnóstico sectorial da Pedra Natural

A Industria 4.0 ten cada vez maior presenza entre as empresas do sector do granito, por iso, o Clúster organizará unha xornada para presentar un estudo realizado polo Instituto Tecnolóxico de Galicia, coa colaboración da entidade e a de varias empresas do sector do granito.

O estudo, chamado ‘Oportunidades da Industria 4.0 en Galicia. 2º estudo 2020-2021. Diagnóstico sectorial Pedra Natural’, financiado e impulsado polo IGAPE, é a segunda edición e pretende achegar información das tendencias que as empresas do sector da pedra natural, os seus mercados e as súas necesidades mostran ante as posibilidades da Industria 4.0 e as súas solucións tecnolóxicas.

Trátase dunha oportunidade para coñecer as tendencias que as propias empresas consultadas sinalan prioritariamente para desenvolver solucións e respostas en clave de Industria 4.0 a curto e medio prazo.

Para completar a xornada, o Cluster do Granito resumirá brevemente as experiencias exitosas no ámbito da Industria 4.0 que poidan servir de exemplo para incitar ás empresas para acometer melloras neste ámbito nos próximos anos.

Para asistir ao obradoiro é necesario inscribirse premendo aquí