Cetim fomenta jornada online sobre economia circular

O CETIM organizou unha xornada online sobre o futuro da economía circular

No CETIM organizouse o pasado 17 de decembro unha xornada online baixo o título ‘Como a economía circular pode posicionarche no teu sector’. Nela, participaron expertos na innovación dos sectores do plástico, augas, xestión de residuos e agroalimentario; e debullaron as claves para posicionar ás empresas na economía circular.

Desde o centro resaltan a importancia destas iniciativas, xa que “a economía circular adquire cada vez unha maior relevancia para as empresas e industrias polo seu potencial para posicionarse ante as novas demandas do mercado, os consumidores e o necesario coidado do medio ambiente”.

Durante a xornada expuxéronse ademais cales son as ferramentas tecnolóxicas necesarias para implantar modelos de eficiencia de recursos e materiais. “A economía circular é un dos retos máis inmediatos para impulsar un crecemento económico sólido e sostible por empresas de calquera dimensión, desde micropemes a grandes corporacións”, comentan os promotores deste proxecto. Desde o CETIM tamén se indica que o 90% dos proxectos de I+D relaciónanse coa economía circular xunto con máis de 160 empresas de todos os ámbitos, sectores e tamaños.

IMAXEN: La Voz de Galicia