Presentacion materioteca

O Catálogo de Recursos Naturais de Galicia presentarase o próximo 21 de novembro

A COMG organiza un webinar para dar a coñecer os traballos levados a cabo durante o último ano en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN) e que deron como resultado o Catálogo de Recursos Naturais de Galicia que pasará a formar parte da Materioteca.

A Materioteca de Galicia, promovida por GAIN, é un espazo de difusión pública de materiais innovadores que pretende facilitar o coñecemento e a posta en valor para a industria destes produtos.

Esta xornada online terá lugar o 21 de novembro ás 10.00 e nela presentarase o traballo desenvolvido ata o momento, con actuacións que ademais impulsan a circularidade das materias primas minerais mediante a valorización dos residuos producidos nos establecementos mineiros.

Este catálogo e a súa asociada exposición, que se levará a cabo no CIS de Ferrol, están enmarcados na Axenda Galega de Impulso de Minería Sostible 2030.

Apúntate aquí ao webinar