manos tecleando

Novas axudas do GAIN para a contratación de persoal cualificado para tarefas de I+D+i

A Axencia Galega de Innovación publicou o pasado 15 de marzo de 2021 o programa Talento Sénior, un programa de axudas para a contratación de personal de alta cualificación para actividades de I+D+i.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 16 de maio de 2021.

De qué se trata este programa e a quen vai dirixido? Trátase de axudas para a contratación de persoal altamente cualificado. A duración mínima da contratación será de 3 anos. Búscanse perfís con máis de 5 anos de experiencia para desenvolver a súa carreira profesional en empresas e centros de investigación. Preténdese, ademáis, estimular a demanda no sector público e privado de profesionais de alta cualificación para levar a cabo proxectos de I+D+i en Galicia.

Estas axudas poden ser solicitadas, ata un máximo de 2 contratos por entidade, por empresas ou organismos de investigación tanto públicos coma privados que teñan o seu centro de traballo en Galicia.

Para saberes máis: http://gain.xunta.gal/artigos/453/talento+senior