13 Xul Nova ITC 02.0.02 ‘Protección dos traballadores contra o risco por inhalación de po e sílice cristalina respirables’
O pasado 9 de xullo publicouse no BOE a Orde TED/723/2021, do 1 de xullo, pola que se aproba a Instrución Técnica Complementaria 02.0.02 ‘Protección dos traballadores contra o risco por inhalación de po e sílice cristalina respirables’ do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira.
A Directiva (UE) 2017/2398 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2017, pola que se modifica a Directiva 2004/37/CE relativa á protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos ou mutágenos durante o traballo, incorporou os traballos que supoñan exposición ao po respirable de sílice cristalina xerado nun proceso de traballo como axente canceríxeno. Esta directiva foi trasposta polo Real Decreto 1154/2020, do 22 de decembro, polo que se modifica o Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo.
A nova consideración legal como canceríxenos destes traballos constitúe un cambio de paradigma na xestión do risco por exposición ao po e sílice que vén levando a cabo especificamente no sector mineiro.
Segundo a nova ITC quedan derrogadas as seguintes disposicións:
A ITC 04.8.01 “Condicións ambientais, loita contra o po” en labores subterráneos contida na Orde de 13 setembro de 1985.
A Orde ITC/2585/2007, do 30 de agosto, pola que se aproba a Instrución Técnica Complementaria 02.0.02 “Protección dos traballadores contra o po en relación coa silicose nas industrias extractivas”, do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira.
A Orde ITC/933/2011, do 5 de abril, pola que se aproba a Instrución Técnica Complementaria 02.0.03 “Protección dos traballadores contra o po, nas actividades da minería dos sales solubles sódicas e potásicas” do Regulamento Xeral de Normas Básicas de Seguridade Mineira.
Podes consultar aquí o texto completo da Orde.