Innovacion producto importancia 1 fotor 20230726141619

Nace a Oficina de Impulso de Proxectos Europeos

A Cámara Oficial Mineira de Galicia está a desenvolver a Oficina de Impulso de Proxectos Europeos (OIPE), un órgano que prestará asistencia técnica aos diferentes axentes da industria mineira e que materializa unha das principais iniciativas da Axenda de Impulso da Minería 2030 lanzada pola Xunta de Galicia o pasado mes de xuño.

A OIPE estará coordinada pola Cámara Oficial Mineira de Galicia co obxectivo de impulsar un sector extractivo máis moderno, dixitalizado, sostible e competitivo. Entre as principais funcións deste novo organismo atópanse a análise da situación da industria mineira e a proposta de solucións ás demandas do sector, o impulso de proxectos para a súa modernización, prestar apoio na xestión dos fondos europeos de recuperación ou a creación dunha base de datos de posibles iniciativas mineiras capaces de converterse en proxectos tractores para a comunidade galega.

As empresas mineiras galegas beneficiaranse directamente dos servizos da OIPE, que facilitará o acceso ás compañías a información técnica de subvencións, fondos e recursos para reforzar a competitividade do sector.