costa-da-morte-terra-atlantica-empresa-adherida

Nace a marca territorio Terra Atlántica con Cavisa entre os seus membros

Sharing is caring!

A presidenta da Asociación de Empresarios de Camariñas, Olga Campos; A concelleira Encarna Liñeiro, o presidente do GDR Costa da Morte, Manuel Muíño, e o subdirector de relacións cos GDRs de Agader, Javier Blanco, presentaron oficialmente a marca Costa da Morte Terra Atlántica o 24 de outubro no faro de Vilán de Camariñas.

É unha marca territorial promovida polo GDR, á que xa se rexistraron decenas de empresas de sectores moi diversos e que naceu coa aspiración de converterse nun referente territorial e de calidade. Un xeito de mellorar e dar visibilidade aos produtos da zona.

A empresa Caolines de Vimianzo (Cavisa), que explota caolín, micas e areas silíceas, uniuse a esta iniciativa mostrando a súa participación no sector industrial e comercial da zona e poñendo de manifesto como as empresas extractivas poden xerar sinerxías con outras actividades.