A USC homenaxea ao que foi Presidente da COMG, Isidro Parga Pondal

A Universidade de Santiago de Compostela vén de homenaxear ao que foi presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Isidro Parga Pondal. O acto, desenvolto na Facultade Química o pasado 15 de xaneiro, consistiu no descubrimento dun busto do histórico galeguista e empresario mineiro, seguida dunha sesión académica. O evento enmarcouse na conmemoración do Día da galeguidade empresarial, promovido por Foro Peinador, en recoñecemento ao labor de Parga Pondal no sector da minería.
No evento participaron diversas autoridades institucionais, entre as que figuraban o presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Juan de Deus Martín, acompañado polo director, Diego López, e o tesoureiro, Benigno Amor. Cabe destacar que Isidro Parga Pondal presidiu a entidade cameral a comezos dos anos 80 do pasado século.
EMPRESARIO MINEIRO
Na traxectoria deste recoñecido galeguista destaca o seu labor de investigación xeolóxica e como empresario mineiro. Licenciado en Química, obtivo praza de profesor na facultade compostelá, de onde foi separado polas súas ideas galeguistas ao comezo da Guerra Civil. Retirouse á súa vila natal, Laxe, e alí fíxose cargo da empresa Kaolines de Lage e de Titania S.A, dedicada á explotación dunha mina de titanio en Ponteceso. Cos beneficios empresariais, Parga Pondal actuou a favor da cultura galega.
Tamén traballou para a empresa Zeltia, para a que localizou as calcarias precisas para a elaboración de cemento en Galicia. Esta investigación deu como froito o nacemento de Cementos do Noroeste, de cuxo consello de administración formou parte o galeguista.
Ademais, Isidro Parga Pondal foi o creador do Laboratorio Xeolóxico de Laxe, e colaborou co Instituto Xeolóxico e Mineiro de España e con diversas universidades europeas. Autor de diversos mapas xeolóxicos e mereciente de numerosos recoñecementos pola súa investigación, na homenaxe feita na USC destacouse o labor deste “científico, galeguista e empresario na aplicación da ciencia á industria mineira”.



La USC homenajea al que fue Presidente de la COMG, Isidro Parga Pondal

La Universidad de Santiago de Compostela viene de homenajear al que fue presidente de la Cámara Oficial Mineira de Galicia, Isidro Parga Pondal. El acto, desarrollado en la Facultad Química el pasado 15 de enero, consistió en el descubrimiento de un busto del histórico galeguista y empresario minero, seguida de una sesión académica. El evento se enmarcó en la conmemoración del Día de la galleguidad empresarial, promovido por Foro Peinador, en reconocimiento a la labor de Parga Pondal en el sector de la minería.

En el evento participaron diversas autoridades institucionales, entre las que figuraban el presidente de la Cámara Oficial Mineira de Galicia, Juan de Dios Martín, acompañado por el director, Diego López, y el tesorero, Benigno Amor. Cabe destacar que Isidro Parga Pondal presidió la entidad cameral a comienzos de los años 80 del pasado siglo.

EMPRESARIO MINERO

En la trayectoria de este reconocido galeguista destaca su labor de investigación geológica y como empresario minero. Licenciado en Química, obtuvo plaza de profesor en la facultad compostelana, de donde fue separado por sus ideas galleguistas al inicio de la Guerra Civil. Se retiró a su villa natal, Laxe, y allí se hizo cargo de la empresa Kaolines de Lage y de Titania S.A, dedicada a la explotación de una mina de titanio en Ponteceso. Con los beneficios empresariales, Parga Pondal actuó a favor de la cultura gallega.

También trabajó para la empresa Zeltia, para la que localizó las calizas precisas para la elaboración de cemento en Galicia. Esta investigación dio como fruto el nacimiento de Cementos del Noroeste, de cuyo consejo de administración formó parte el galeguista.

Además, Isidro Parga Pondal fue el creador del Laboratorio Geológico de Laxe, y colaboró con el Instituto Geológico y Minero de España y con diversas universidades europeas. Autor de diversos mapas geológicos y mereciente de numerosos reconocimientos por su investigación, en el homenaje hecho en la USC se destacó la labor de este “científico, galleguista y empresario en la aplicación de la ciencia a la industria minera”.