31 Out Juan de Dios Martín Aparicio asume a presidencia da COMG
A Cámara Oficial Mineira de Galicia culminou o proceso de renovación de cargos para a xunta directiva, coa elección de D. Juan de Deus Martín Aparicio como novo presidente. Así o acordaron, na reunión desenvolta onte na Coruña, os 24 vogais elixidos en xunta extraordinaria a comezos de outubro e que representan os diferentes subsectores integrados na Cámara Oficial Mineira.
Xunto a Martín Aparicio ocuparán cargos na nova xunta directiva D. David Fernández Sanromán, representante do subsector do granito, quen foi elixido vicepresidente primeiro; D. Fernando Pla de la Rosa, representante do subsector das rocas industriais, elixido vicepresidente segundo; e D. Benigno Amor Barreiro, representante do subsector de augas de balnearios, elixido tesoureiro. Pola súa banda, o actual director da Cámara Oficial Mineira de Galicia, D. Diego López González, ocupará o cargo de secretario.
TRAXECTORIA