A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) organiza o sábado 3 de outubro unha ruta guiada polas antigas explotacións de arxila de Mina Mercedes e Porto Piñeiro, no concello de Valga (Pontevedra). A proposta permitirá coñecer a formación das arxilas na chaira do Ulla, a evolución histórica das canteiras e o proceso de restauración ambiental das lagoas artificiais, hoxe convertidas nun espazo de referencia polo seu valor paisaxístico, lúdico e ambiental.
Durante o percorrido visitaranse tamén elementos singulares do antigo aproveitamento mineiro, como as torretas do teleférico mineiro e o embarcadoiro de Santa Cristina. A quedada será ás 09:30 h na zona de aparcadoiro situada entre as dúas lagoas, e o regreso está previsto para as 13:30 h.
A ruta, de dificultade baixa, inclúe os sendeiros circulares das dúas lagoas e a visita ao peirao: contorno da Mina Mercedes (900 m), contorno da Mina Porto Piñeiro (1.200 m) e visita ao peirao de Santa Cristina (4.000 m ida e volta). Recoméndase levar calzado cómodo.
A participación é gratuíta, pero a inscrición é obrigatoria (prazas limitadas) e a confirmación realizarase por correo electrónico. Se se esgotan as prazas, as inscricións pasarán por orde de chegada á lista de reserva.
Esta actividade enmárcase na plataforma Minería Sostible de Galicia, a través do programa de Patrimonio Mineiro (MInaTUR), en colaboración coa Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia.
¡Acceso a la inscripción aquí!

