A Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) inaugurou en Vigo, como parte dos actos conmemorativos do seu Centenario, a exposición urbana itinerante ‘Tesouros da terra: a minería galega a través do tempo’, que percorre 2.500 anos de historia mineira en Galicia a través de oito paneis divulgativos. A mostra, que ven de estar exposta na cidade da Coruña e Ourense, e estará dispoñible para a súa visita na Rúa do Príncipe ata o 15 de setembro.

No acto de inauguración estiveron a teniente de Alcalde del Concello de Vigo, Ana Mejía, e o subdirector Xeral de Recursos Mineirais, Diego Casal Ramos. Por parte da COMG, asistiu a directora, Arantxa Prado xunto coa responsable da Oficina Técnica, Irene Pérez, así como outros membros da entidade.

Durante a súa intervención, a directora da Cámara, Arantxa Prado, destacou que “a cidade de Vigo desempeña un papel estratéxico como centro loxístico, industrial e de coñecemento para o sector mineiro”. Por unha banda, o porto de Vigo facilita a exportación de materiais, especialmente de granito, a mercado internacionais e acolle empresas de servizos, enxeñaría e maquinaria vinculadas á minería. Por outra banda, a presenza da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo “reforza a formación de excelencia e a investigación aplicada, xerando talento e promovendo a modernización do sector”.