Novas


9 Agosto 2019
Manuel Regueiro y González-Barros, presidente do Ilustre Colexio de Geólogos e Xefe da área de Rocas e Minerais Industriais e da área de Relacións Externas e Transferencia do Instituto Xeolóxico e Mineiro de España; e Macarena Regueiro de Mergelina, actriz e dramaturga, publicaron ‘¿Para que sirve la geología?’, unha obra [...]
8 Agosto 2019
A empresa Caolines de Vimianzo ( Cavisa), que desde hai máis de 35 anos recupera distintos minerais na Costa da Morte e lles outorga diferentes aplicacións, aposta pola artesanía. Esta nova visión actualizada baseada na economía circular e na simbiose empresarial, máis un estudo exhaustivo das necesidades e aplicacións dos [...]
5 Agosto 2019
O presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia ( COMG), Juan de Deus Martín e o director de COMG, Diego López, xunto con representantes da Asociación de Balnearios de Galicia reuníronse esta mañá en San Caetano co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde e a directora de Turismo [...]
30 Xullo 2019
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na presentación do proxecto para a posta en valor do teleférico da mina ‘Mercedes’ co obxectivo de destacar o patrimonio mineiro e industrial desta zona, sempre respectando a paisaxe natural sobre a que se constitúe a mina. Conde, que [...]
22 Xullo 2019
En 2014 Prebetong cesou a actividade dunha das súas canteiras en Cartelle (Ourense), unha explotación granítica que abasteceu á industria con áridos triturados para prefabricados, cemento e obra pública. Desde a empresa esperan retomar a actividade mineira no futuro e para iso continúan renovando a concesión co pago das correspondentes [...]
19 Xullo 2019
O Clúster do Granito foi beneficiario dunha subvención da Xunta de Galicia a través do programa do IGAPE Galicia Exporta Organismos Intermedios. Esta liña de axudas está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e ten por obxectivo apoiar os plans de internacionalización de agrupacións empresariais, consellos reguladores de [...]
17 Xullo 2019
Co fin de facer partícipe da realidade do sector extractivo e enerxético ao conxunto da sociedade, a Escola de Enxeñería de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo convoca varios concursos para o futuro curso 2019-2020: ENFOCA. RME 2019 Trátase da terceira edición do concurso de fotografía que xira ao [...]
15 Xullo 2019
Ante a chegada de visitantes á explotación mineira de Monte Neme, situada entre Carballo e Malpica de Bergantiños (A Coruña), a Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG) lembra que o acceso a este espazo pode supoñer un risco para a seguridade das persoas. Por iso, a propietaria privada do terreo, [...]
11 Xullo 2019
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria investirá un millón de euros en axudas para favorecer a sustentabilidade no sector mineiro. O programa de axudas, publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) o 2 de xullo, está dirixido a financiar accións que promovan prácticas [...]
10 Xullo 2019
A Asociación Galega de Áridos (Arigal) vén de presentar o Catálogo de Áridos de Galicia na Autoridade Portuaria da Coruña. Trátase dun documento que recolle unha clasificación dos áridos de Galicia e información útil para atraer operadores de mercados exteriores, desenvolvido co apoio da Xunta de Galicia, grazas ao programa [...]
10 Xullo 2019
Santa Comba pretende dinamizar a súa oferta turística potenciando o legado da mina de Varilongo e visibilizando a súa historia. Por este motivo, o concello púxose en contacto coa Cámara Oficial Mineira de Galicia, entidade que xa está a colaborar con outros concellos galegos na posta en valor das súas [...]
8 Xullo 2019
A Cámara Oficial Mineira de Galicia busca a unha persoa organizada, con iniciativa e dotes de comunicación para cubrir unha vacante na Coruña para realizar tarefas administrativas. Trátase dun posto estable no que son necesarios coñecementos sobre documentación pública e onde desenvolver unha carreira na área administrativa. O seleccionado/a poderá [...]