A presidenta da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), Cecilia Trancón, e a directora da entidade, Arantxa Prado, asistiron ao acto de inauguración dos Energy Days, celebrado na Cidade da Cultura. O encontro congregou a participantes do ámbito institucional e empresarial nunha xornada orientada ao intercambio de coñecemento e experiencias arredor do sector enerxético.
As xornadas inclúen diferentes sesións de traballo e espazos de diálogo para analizar tendencias e desafíos actuais, así como oportunidades ligadas á planificación enerxética, á innovación e ao desenvolvemento industrial. A presenza da COMG nesta inauguración enmárcase no seu labor de seguimento de foros estratéxicos que conectan enerxía, industria e territorio.
A COMG destaca o valor destes encontros como espazos de coordinación e cooperación entre administracións, empresas e axentes do ecosistema, especialmente nun contexto no que a transición enerxética require visión compartida e estabilidade para impulsar investimento e proxectos.

