01 Xuñ GAIN incorpórase ao Comité de Innovación e Sostibilidade da COMG
Varios membros da Axencia Galega de Innovación (GAIN) uníronse ao Comité de Innovación e Sostibilidade da Cámara Oficial Mineira de Galicia.
As novas incorporacións darán ao comité unha visión ampla das oportunidades que ofrece o tecido empresarial de Galicia, así como das últimas convocatorias de GAIN para favorecer a innovación e a competitividade nas empresas do sector mineiro.
Precisamente, o pasado 25 de maio, este comité reuniuse para que Patricia Fernández e María Dieguez, pertencentes ao GAIN, puidesen presentar dous proxectos que a entidade puxo en marcha:
- A manifestación de interese para a localización de novos Centros de I+D empresariais en Galicia (ata o 31 de maio). O punto de partida para a Administración para apoiar a aquelas iniciativas que promoven unha contorna favorable ao investimento en I+D. Máis información e requisitos.
- O programa InnovaPEME 2021 (solicitudes ata o 7 de xuño). Axudas a pemes para a implementación dun plan de innovación na empresa que financiarán ata o 50% dos custos. Máis información.