Plantilla fotos web comg

Finaliza o proceso electoral da COMG coa proclamación de candidaturas

Tras o peche do prazo de presentación de candidaturas dentro do proceso electoral para renovar o 50% dos membros da Xunta Directiva da Cámara Oficial Mineira de Galicia (COMG), hoxe publicouse a acta de proclamación de candidaturas.

A Xunta Electoral acorda a proclamación dos seguintes candidatos nas seguintes categorías:

  • Polo subsector de Investigación: Caolines de Vimianzo SAU, representada por D.ª Cecilia Trancón Loureiro.
  • Polo subsector de Augas Embotelladas: Aguas de Cabreiroá SAU, representada por D. José Manuel García Pérez.
  • Polo subsector de Minerais Metálicos: Cobre San Rafael SL, representada por D. Celso Penche García.
  • Polo subsector de Minerais Industriais: Mangnesitas de Rubián SA, representada por D. Eduardo Jiménez Aguirre.
  • Polo subsector da Lousa: Europizarras SA, representada por D. Rafael Lodos Abuín.
  • Polo subsector do Granito: Blokdegal SA, representada por D.ª Mónica Rodríguez López.
  • Polo subsector de Cerámica: Tejas Verea SA, representada por D. Luis Verea Vázquez.
  • Polo susbsector de Áridos: Arenas Naturales da Limia SL, representada por D. Alberto Novoa Rodríguez / Explotaciones Gallegas SL, representada por D.º Eva Gómez Portela.
  • Polo subsector de Enxeñeiros de Minas: Colegio Oficial de Ingenieros de Minas del Noroeste de España, representado por D. Juan Ricoy Alonso.
  • Polo subsector Outros: Esmin Ingeniería SL, representada por D. Javier González Paz.

Dado que o número de candidatos proclamados por categoría equivale ao número de membros a elixir, a súa proclamación equivale á elección.