Festividade de Santa Bárbara 2015

O vindeiro xoves 3 de decembro, a Cámara Oficial Mineira de Galicia celebra en Santiago de Compostela a festividade de Santa Bárbara, co seguinte programa de actos:

  • 12:00 h – Ofrenda a Santa Bárbara en la Catedral de Santiago (Misa del peregrino)
  • 14:00 h – Recepción no Hotel Monumento San Francisco (Campillo de San Francisco 3, Santiago de Compostela)
  • 14:45 h – Xantar no Hotel Monumento San Francisco
  • 17:00 h – Entrega dos Premios Santa Bárbara 2015

A cota por asistente son 100 €, e como en anos anteriores, aquelas empresas e entidades que realicen achegas extraordinarias para financiar este evento figurarán como colaboradoras na organización de Santa Bárbara 2015, tanto no material gráfico que se edite como nos comunicados.

Para facilitar a organización, é necesario confirmar asistencia antes do luns 30 de novembro, e efectuar o abono da cota na conta do Banco Sabadell Galego nº ES92 0081 2135 7900 0103 7507.

Esperamos contar coa súa presenza neste día tan sinalado.