ingenieros en energía y recursos minerales

Fan falta máis profesionais en recursos minerais e enerxía

A inmensa riqueza de recursos naturais de España en xeral, e de Galicia en concreto, é digna de mención, aínda que na maior parte dos casos non se canalice de forma adecuada para incrementar os bens e calidade de vida. Este é o propósito da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, contribuír a xerar riqueza de forma sostible, aproveitando os recursos e sen deteriorar ao medioambiente.

Son necesarios máis enxeñeiros/as de recursos minerais, encargados do aprovisionamento das materias primas empregadas na fabricación das tecnoloxías mencionadas e as asociadas á dixitalización dos procesos industriais. No Grao de Enxeñería dos Recursos Mineiros e Enerxéticos fórmase a profesionais que coñecen os usos dos recursos minerais e os procesos tecnolóxicos ligados á súa procura, extracción e transformación, capaces de expor solucións compatibles coa sustentabilidade e o medioambiente, e coñecen as tecnoloxías de reciclaxe, renovación e reutilización de residuos mineiros e industriais. Esta titulación é a única en Galicia autorizada para a profesión regulada de enxeñeiro/a técnico/a de minas.

O sector enerxético ten tamén, unha enorme relevancia no desenvolvemento económico, é imprescindible fornecer enerxía aos ámbitos domésticos e industriais, e ademais, facelo acoutando os efectos que ten o seu uso e produción sobre o clima. É por iso, que a sociedade necesita enxeñeiros e enxeñeiras en enerxía. Como resposta a esta necesidade, na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía impártese o Grao en Enxeñería da Enerxía, a única titulación en Galicia que forma a especialistas deste ámbito: profesionais capaces de deseñar, optimizar  dirixir tecnicamente os procesos tecnolóxicos que van desde a xeración de enerxía, ata o nivel usuario de enerxía térmica ou eléctrica (produción, almacenaxe, transporte, distribución, mercados). Este sector está en continua expansión e presenta unha taxa moi alta de empregabilidade.