AGENDA

La Cámara Minera de Galicia organiza y promueve actividades, jornadas y eventos de interés para sus miembros y socios, así como para los trabajadores del sector minero de Galicia. Los miembros pueden estar al corriente de las últimas novedades gracias a la agenda que se les envía de manera periódica.

Otra de las misiones de la COMG es mantener informados a sus miembros, enviando diariamente un resumen de prensa que recoge todas las noticias relacionadas con el sector, tanto de información general como específica de economía.

Asimismo, como herramienta de comunicación se realizamos el envío vía email del Boletín de la COMG.

Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Formación para operadores de maquinaria de arranque

1 de Setembro 02:00 / 1 de Xaneiro 00:59

Sharing is caring!

Lugar: Galicia

Sedes: A Coruña, Ordes, Santiago, As Pontes, Ortigueira, Lugo, Ourense, Valdeorras y Porriño

Data: 01/09/2009 a 31/12/2009

Organiza: Cámara Mineira

Colabora: Ministerio de Industria, Turismo y Comercio

Descrición: A Instrución Técnica Complementaria 02.1.02 “Formación Preventiva para o Desempeño do Posto de Traballo”, do Regulamento de Normas Básicas de Seguridade Mineira, establece a formación mínima en materia de seguridade e saúde que deben posuír os traballadores de explotacións mineiras. Esta formación ten a consideración de habilitante para o desempeño do posto de traballo, polo que a súa realización é obrigatoria para a empresa (independentemente de que o traballador posúa o “carné de operador de maquinaria mineira móbil”) e deberá actualizarse cunha periodicidade non superior a catro anos.No marco desta I. T. C. publicouse a especificación técnica que regula a formación que deben recibir os operadores de maquinaria de arranque/carga/viarios, pa cargadora e escavadora hidráulica de cadeas, en actividades extractivas de exterior. O prazo de adecuación a esta nova norma finaliza o 8 de xullo de 2010.

Programa:

1º. Definición dos traballos (1 hora)
Definición de todas as tarefas desenvoltas no posto de traballo de cada máquina en particular.

2º. Técnicas preventivas e de protección específicas ao posto de traballo de cada máquina en particular.
Perigos asociados ás seguintes tarefas

a) Antes de comezar o traballo:

– Revisión da máquina antes da súa posta en marcha, incluíndo os sistemas que inciden na seguridade.

– Acceso ao posto do operador ou aos puntos de mantemento.

– Operacións básicas de mantemento.

– Embarque sobre góndola para o seu transporte.

– Remolcado.

– Cambio de accesorios.

b) Durante o traballo:

– Arranque do motor.

– Preparación da máquina para a execución dos traballos.

– Carga de material.

– Descarga de material sobre outras máquinas.

– Elevación de cargas non paletizadas.

– Estacionamento da máquina.

– Perigos residuais asociados a cada máquina en particular, especificados no manual de instrucións da máquina.

– Medidas preventivas acordes aos perigos asociados ás actividades anteriores.

– Medidas de prevención e protección indicadas polos fabricantes dos equipos para a realización do mantemento.

– Posibles prescricións ou limitacións impostas polos talleres de reparación e/ou mantemento a cada máquina en particular.

– Medidas incorporadas á máquina en particular en caso de adecuación ás disposicións establecidas no Anexo I do Real Decreto 1215/1997.

– Equipos de protección colectiva e individual

. – Primeiros auxilios.

– Plan de emerxencia e evacuación.

3º. Equipos, ferramentas ou medios auxiliares de cada máquina en particular (3 horas)

– Coñecemento xeral da máquina e dos seus accesorios.

– Limitacións técnicas no uso previsto da máquina, segundo especificacións do fabricante.

– Elementos e sistemas de seguridade asociados á máquina:

– Bloqueos de seguridade; bloqueo mecánico do equipo de traballo.

– Bloqueo mecánico do bastidor articulado e bloqueo mecánico dos mandos do equipo de traballo de pas cargadoras. – Bloqueo mecánico da superestrutura, bloqueo do sistema hidráulico de escavadoras hidráulicas de cadeas

– Bloqueos da transmisión.

– Controis de presión e temperatura dos sistemas principais.

– Resguardos de correas e ventiladores.

– Indicadores de advertencia e perigo.

– Avisador acústico de marcha atrás de pas cargadoras.

– Cinto de seguridade e ancoraxes.

– Freo de emerxencia de pas cargadoras.

– Freo de rotación de escavadoras hidráulicas de cadeas.

– Dirección de emerxencia de pas cargadores.

– Dispositivos de iluminación.

– Dispositivos de indicación de pas cargadoras.

– Estruturas de protección ROPS/ FOPS de pas cargadoras.

– Estruturas de protección FOPS de escavadoras hidráulicas de cadeas.

– Espellos retrovisores e espellos de seguridade.

– Dispositivo de axuste rápido de accesorios.

– Manual de instrucións.

4º. Control e vixilancia sobre o lugar de traballo e a súa contorna (2 horas) Coñecemento de dispositivos de seguridade para o control e vixilancia do funcionamento da máquina:

– Manómetros. – Termómetros.

– Indicadores de nivel.

– Panel de alarmas acústicas e luminosas.

– Indicador de carga. Control e vixilancia do lugar de traballo segundo procedementos internos.

5º. Interferencias con outras actividades (2 horas) Protocolos/procedementos establecidos cando se executen traballos de forma simultánea, en especial:

– Carga e descarga na proximidade doutros vehículos, maquinaria ou persoal.

– Procedementos seguros de comunicación con persoas no exterior (recepción de ordes de traballo).

– Reparacións, revisións e mantemento.

– Circulación por pistas, accesos e frontes de explotación de pas cargadoras.

6º. Normativa e lexislación (1 hora)

– Lei 31/1995, do 8 de novembro de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigacións.

– Instrucións de traballo. – Disposicións internas de seguridade.

Información de cursos

Contidos

Detalles

Comienza:
1 de Setembro 02:00
Finaliza:
1 de Xaneiro 00:59

Organizador

Cámara Oficial Mineira de Galicia