28 Set Estudantes de toda Galicia teñen xa nas súas mans a Axenda Escolar Mineira 2023-2024
A Cámara Oficial Mineira de Galicia, a través da plataforma Minería Sostible de Galicia, e grazas á colaboración de varios dos seus membros e socios editou e distribuíu a ‘Axenda Escolar Mineira 2023-2024’. Desta maneira, a COMG continua con este proxecto que iniciou en 2022 coa edición da primeira axenda.
Trátase dunha axenda onde os alumnos e alumnas, ademais de apuntar o seu horario escolar, tarefas e exames, poderán achegarse un pouco máis ao mundo da xeoloxía, a minaría e os recursos mineiros da súa comunidade autónoma.
O obxectivo do proxecto é o de divulgar a importancia dos recursos minerais desde un punto de vista histórico e tamén desde a súa utilidade a nosa vida cotiá. Ademais, recóllense consellos que os máis pequenos poderán aplicar no seu día a día relacionados co aforro enerxético, o coidado do medioambiente e a reciclaxe.
Miles de axendas xa foron repartidas en centros de estudo de Primaria e Secundaria de toda Galicia a través da COMG, do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Minas de Galicia e o Ilustre Colexio Oficial de Xeólogos; así como a través de empresas como Esmin, Cobre Santo Rafael, Strategic Minerals, Samca, Erimsa, Cerámica Campo, Tellas Verea e Pasek Minerais. Estas empresas pertencentes á industria mineira galega repartiron axendas entre os colexios da súa área de acción, para que o alumnado poida coñecer máis de cerca as actividades mineiras que se levan a cabo nos seus respectivos municipios.