Agenda minera la voz de la escuela

2.000 escolares galegos teñen xa nas súas mans a Axenda Escolar Mineira da COMG

A Cámara Oficial Mineira de Galicia, a través da plataforma Minaría Sostible de Galicia, e grazas á colaboración de varios dos seus membros e socios editou e publicou a ‘Axenda escolar mineira 2022’. Esta axenda, onde os estudantes poderán apuntar as súas tarefas e exames, tamén lles resultará útil para adquirir coñecementos sobre a xeoloxía de Galicia e a minería sostible levada a cabo no noso país, e sobre todo na súa contorna próxima. O obxectivo do proxecto é o de divulgar a importancia dos recursos minerais desde un punto de vista histórico e tamén na nosa vida cotiá. Ademais, recóllense consellos que os máis pequenos poderán aplicar no seu día a día: aforro enerxético, coidado do medioambiente, reciclaxe, etc. As axendas puidéronse adquirir durante a fin de semana do 9 de setembro a un custo dun euro (gastos de distribución) a través de La Voz de Galicia.

O éxito foi rotundo: a tirada de 1.000 exemplares esgotouse en todos os quioscos galegos. Por outra banda, as empresas que colaboraron coa edición da axenda tamén repartiron axendas de maneira gratuíta en centros educativos próximos ás súas explotacións e fábricas, facendo máis comprensible o seu traballo do día a día, tanto a profesores como a alumnos.