prevencion-mineria-empresas-covid

Directrices de boas prácticas nas actividades mineiras

A Comisión de Seguridade Mineira pertencente ao MITECO elaborou unha guía de directrices para a prevención da Covid en explotacións mineiras e plantas de tratamento, dispoñible na web do Instituto de Seguridade e Saúde no Traballo.

Entre as medidas de prevención para actividades mineiras destacan:

  • A entrada ao traballo de forma graduada.
  • O establecemento de zonas de entrada e saída ao centro de traballo.
  • A disposición da señalética necesaria (carteis, notas informativas, megafonía…).
  • O mantemento de portas abertas no acceso a zonas comúns, así como o mantemento da distancia de seguridade nestes espazos (comedores, aseos, vestiarios, etc.) e a organización de quendas de comida.
  • A organización das reunións por videoconferencia e a garantía da distancia de seguridade entre os asistentes no caso de que non sexa posible.
  • A priorización do teletraballo sempre que sexa factible.
  • A adopción de medidas para que unicamente acceda á explotación persoal autorizado evitando o acceso de persoal alleo que non sexa esencial para o desenvolvemento da actividade.
  • Evitar, na medida do posible, que os transportistas abandonen o seu vehículo.
  • A instalación de aseos específicos para os provedores/transportistas e/ou outro persoal externo, cando sexa factible.
  • A posta en marcha de procedementos específicos para o acceso dos provedores externos, a fin de reducir os contactos co persoal do centro.
  • O establecemento dun lugar específico, separado e sinalizado para a recepción de calquera material.
  • Nos postos de operario de báscula ou aqueles que teñan que atender a terceiros, onde non se poidan manter as distancias de seguridade, instalaranse barreiras físicas que impidan o contacto directo e no caso de non ser posible, delimitarase unha liña no chan
  • Asegurarase un aprovisionamento suficiente do material de limpeza para poder acometer as tarefas de hixienización reforzada a diario.
  • A elaboración de un plan de continxencia ante o aumento das baixas laborais do persoal ou un incremento do risco de transmisión no lugar de traballo. Para iso, contarase coa participación dos traballadores ou os seus representantes legais.

A guía de carácter global, enumera ademais as directrices para seguir durante os desprazamentos ao traballo, a hixienización dos diferentes espazos ou o protocolo de actuación en caso de contaxio.

Podes descargar aquí a guía completa.