Cursos de formación preventiva para operadores de planta. ET 2004-1-10

A Cámara Oficial Mineira de Galicia, co apoio do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, está a organizar cursos de formación preventiva a traballadores de establecementos de beneficio e postos comúns de explotacións mineiras galegas, segundo o disposto na ITC 02.1.02 e Especificación Técnica 2004-1-10. Os cursos van dirixidos aos seguintes traballadores incluídos nos apartados 5.4 e 5.5 da mencionada ITC:

5.4 Establecimientos de beneficio:

a. Técnicos titulados
b. Encargados y/o vixilantes
c. Operadores de trituración/clasificación
d. Operadores de molienda
e. Operadores de estrío
f. Operadores de separación e concentración
g. Operadores de fornos
h. Operadores de mezclas
i. Operadores de plantas de materiais para a construción
j. Operadores de plantas de rocas ornamentales
k. Operadores de laboratorio
l. Operadores de mantemento mecánico e elétrico

5.5 Postos comúns:

a. Dirección
b. Técnicos titulados que non participan no proceso productivo
c. Administración e  persoal de servizos distintos a os de mantemento

O obxectivo desta iniciativa é proporcionar aos operadores de plantas un completo coñecemento dos riscos xerais da actividade que desenvolven e as responsabilidades nas que puidesen incorrer no desempeño dos labores propios de cada posto de traballo, así como unha adecuada capacitación técnica orientada á prevención de riscos. Esta formación ten carácter habilitante para o desempeño do posto de traballo, polo que a súa realización é obrigatoria para as empresas. Os cursos, sobre os que atoparás máis información nas apartado Actividades e Eventos, desenvolveranse durante os meses de febreiro e marzo de 2011.
Para facilitar o acceso dos traballadores á formación e compatibilizala coa súa actividade laboral, a localización dos centros de impartición definirase en función da demanda. Para iso, abriuse un período de preinscrición do 19 de xaneiro ao 2 de febreiro, no que as empresas interesadas deberán remitir o formulario de preinscrición cumprimentado, indicando a localización dos centros de traballo e o número traballadores asistentes de cada centro. Unha vez avaliadas todas as solicitudes recibidas, a Cámara Mineira fixará a localización e datas de impartición dos cursos, e contactará coas empresas interesadas para confirmar a súa participación.